25 C
Madrid
jueves, 24 septiembre 2026
Array

Anova busca unha candidatura na que Galicia non sexa un «apéndice» dunha «marca política»

MÁS INFORMACIÓN

O covoceiro de Anova e histórico político nacionalista, Xosé Manuel Beiras, defendeu este sábado unha candidatura para as eleccións xerais na que Galicia manteña a súa «identidade» e non sexa un «apéndice» dunha «marca política», como «Podemos» ou «Izquierda Unida».

Para Beiras, esta candidatura, cuxo «motor primordial» debe de ser a cidadanía e a súa expresión «máis clara» as mareas, non debe de ser «unha alternativa electoral organizada en forma de coalición das forzas políticas nacionalistas». De feito, remarcou que a nación galega é unha «realidade social» que «transcende o espazo das forzas políticas nacionalistas».

Por iso, apostou por que aquelas organizacións políticas que abranguen o ámbito estatal poidan incluirse con «iniciativas» que «son da nación galega, euskaldún ou catalá». Así, ve un «erro» «confundir a nación galega co espazo nacionalista», en referencia ao BNG.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

MÁS INFORMACIÓN

- Publicidad -
- Publicidad -

Última hora